Portal de Subscrición

Precisas a nosa axuda?

Contacta connosco

FAQ

A subscrición á erregueté é anual e comprende o ano en curso. Coa subscrición recibirás as revistas correspondentes do ano da subscrición que se editan sobre o mes de xullo e decembro.

Por exemplo, se a alta se produce en setembro, recibirás as revistas de xullo e a de decembro dese mesmo ano.

Se queres números anteriores podes conseguilos na Libraría Abrente.

A erregueté ten unha edición semestral que corresponde ao final de cada tempada de espectáculos. Deste xeito, o primeiro número do ano publícase sobre o mes de xullo; o segundo número sae de imprenta a comezos de decembro.

Podes mudar o teu enderezo de envío dende a túa conta de usuario. Só tes que acceder co teu email ou nome de usuario e o contrasinal. Na sección “editar enderezos” podes mudar os datos de envío da túa subscrición.

Recorda mudalo antes dos envíos de xullo e decembro para que non fagamos o envío ao enderezo vello.

A renovación da subscrición á erregueté realizase automáticamente en febreiro de cada ano. No momento da actualización automática, xérase unha orde de pagamento que é preciso confirmar manualmente nos casos de pagamento con tarxeta de crédito ou transferencia bancaria. É dicir, compre aboar a cota anual dende a conta de usuario ou seguindo o email que recibirás.

Para aqueles que fixeron domiciliación bancaria ou o pagamento mediante Paypal, non é preciso facer nada pois o pagamento se realizará de maneira automática. En caso de erro ou falta de fondos, recibirás unha comunicación nosa.

 

Esqueciches facer a renovación? Cres que estabas subscrito pero non recibes as revistas?

Algunhas veces pode xurdir a dúbida sobre a túa subscrición. Para saber se a túa subscrición está activa, só tes que acceder a túa conta de usuario premendo aquí.

Se aínda tes dúbidas… escríbenos.

A erregueté e os libro da Colección de Dramaturxia Contemporánea contan con envío gratuito para a península e Baleares. Para envios ao estranxeiro contamos cunha tarifa especial de 8 euros (países específicos).

Consulta os gastos de envío ao estranxeiro no proceso final de subscrición.

Non queremos perderte como subscritor/a!!!

Se tes problemas para facer o pagamento da renovación na data establecida (a plataforma xera as ordes de renovación no mes de febreiro de cada ano) podes pausar a túa subscrición na túa conta de usuario ata que podas actualizala.

As revistas non serán enviadas durante o tempo no que a subscrición estea en pausa pero, unha vez feito o pagamento, recibirás o número atrasado.