Portal de Subscrición

PRIMEIRA.- INTRODUCIÓN

As presente condicións xerais da subscrición regulan a relación contractual entre ERREGUETÉ | Revista Galega de Teatro a través da Asociación Cultural Entre Bambalinas (en adiante ERREGUETÉ) e a persoa ou entidade que contrate unha subscrición a ERREGUETÉ.

A persoa ou entidade usuaria, ao realizar o proceso de contratación, admite ter lido as condicións xerais da contratación que ERREGUETÉ teña publicadas no momento en que acceda a páxina e as acepta na súa integridade.

ERREGUETÉ resérvase o dereito de modificar as condicións aquí descritas. Cando ERREGUETÉ realice cambios, a persoa ou entidade usuaria será convenientemente informada mediante a actualización deste documento, ao que poderá acceder en calquera momento.

SEGUNDA.- OBXECTO

O obxecto das presentes condicións xerais é a regulación da relación contractual entre as persoas ou entidades que contraten unha subscrición a REVISTA ERREGUETÉ a cambio dunha contra prestación económica segundo se establece no presente contrato.

TERCEIRA.- IDENTIFICACIÓN DAS PARTES CONTRATANTES

Dunha parte Entre bambalinas, asociación sen ánimo de lucro que xestiona os dereitos da publicación ERREGUETÉ e da outra, calquera persoa física ou xurídica que contrate unha subscrición a ERREGUETÉ a cambio das contra prestacións económicas que en cada caso se establezan ou que poden vir determinadas pola modalidade de subscrición contratada.

CUARTA.- USUARIAS

As persoas ou entidades que contraten o servizo obxecto do presente contrato (usuarias) deberán ser persoas físicas, maiores de 18 anos que actúen no seu propio nome e dereito ou no nome de persoa xurídica que representen con poder suficiente, ás cales se lles aplicará as tarifas e cláusulas do presente contrato en igualdade de termos e condicións.

QUINTA.- MODALIDADES DE SUBSCRICIÓN

Os usuarias poden contratar unha subscrición con duración anual e vinculado ao ano en curso. O proceso de contratación especifica ao usuario o período de tempo que vai contratar.

SEXTA.- CONSENTIMENTO E ACEPTACIÓN

O usuario presta o seu consentimento para vincularse con ERREGUETÉ dende que envía a súa aceptación co formulario de contratación do sitio web correctamente cumprimentado. Dende ese momento acepta e adhírese de maneira completa a todas as condicións xerais que se describen neste contrato.

SÉPTIMA.- PREZO

O prezo da contratación de cada modalidade de subscrición e os impostos correspondentes do servizo constarán, claramente determinados, na páxina web no momento no que a usuaria proceda a súa contratación.

ERREGUETÉ poderá modificar en calquera momento o prezo do servicio da subscrición con carácter previo a súa tramitación e con unha antelación razoable. Os cambios do prezo do servizo da subscrición xurdirán efectos ao inicio do seguinte período da subscrición despois da data de modificación do prezo. A continuación, a subscrición sen cursar baixa trala efectividade do cambio do prezo significará a aceptación do subscritor do novo prezo. Non se procederá á devolución da cota, unha vez aceptado o pagamento, salvo erro xustificado.

Medio de pago
O usuario que desexe contratar unha subscrición a ERREGUETÉ na Plataforma web de subscrición, deberá aboar, previamente, o prezo correspondente a través dun pago electrónico, transferencia, domiciliación mediante Paypal, domiciliación SEPA ou domiciliación mediante tarxeta que en cada momento se indica no formulario do noso sitio web. Con carácter xeral os cargos realizaranse ao comezo da contratación.

OITAVA.- RENOVACIÓNS E MODIFICACIÓNS

As subscricións formalizadas, unha vez finalizado o período de vixencia, renovarase automaticamente por un período de igual duración ao que tiveran contratado e ao prezo da tarifa vixente no momento da actualización.

No caso que o usuario non desexe renovar a súa subscrición deberá informar a ERREGUETÉ, enviando un correo electrónico a [email protected] ou accedendo ao apartado web “A Miña Conta” e cancelando a subscrición. Sempre cunha antelación, como mínimo, de 7 días antes do vencemento da mesma.

Non se admiten modificacións ou devolucións nas subscricións xa aboadas.

NOVENA.- OBLIGACIÓNS DE ERREGUETÉ

ERREGUETÉ comprométese a cumprir coas seguintes obrigacións na relación que establece co usuario:

  1. Pór a disposición do usuario no sitio web a información necesaria relativa o servizo da subscrición a ERREGUETÉ, así como a súa contratación.
  2. Enviar ao adquirinte a comprobación que manifesta a recepción por parte de ERREGUETÉ do formulario de contratación.
  3. Unha vez que ERREGUETÉ verifique que a realización efectiva do pago efectuouse correctamente, a subscrición será efectiva e comezará o envío durante o período contratado.
  4. ERREGUETÉ comprométese a enviar dúas revistas en papel ao ano xunto coa edición de textos de dramaturxia contemporánea, sexa en formato libro, separata ou no interior da revista. A ERREGUETÉ poderá modificar ou xestionar os contidos con liberdade, mudar as calidades materiais da revista, formatos, número de páxinas, textos ou calquera outra cuestión sen que se considere unha vulneración deste acordo.

DÉCIMA. – OBRIGACIÓNS DO USUARIO

O usuario comprométese a cumprir coas obrigacións na relación que establece con ERREGUETÉ:

  1. Encher o formulario de contratación e os campos segundo as instrucións que ERREGUETÉ especifique ao efecto para cada servicio.
  2. Aboar o prezo do servizo que desexe contratar segundo as instrucións que aparecen no formulario e o estipulado nestas condicións xerais.
  3. Cumprir con todas as condicións xerais que aparecen neste documento.

UNDÉCIMA.- ACCESO E USO DO SERVIZO

Permítese unicamente o uso persoal e intransferible das claves de acceso facilitadas. As credenciais poderanse utilizar simultaneamente en diferentes dispositivos (tableta, pc e móbil).

O código fonte, os deseños gráficos, toda a información e contidos do sitio web ou da revista en papel, están protexidos polos dereitos de propiedade intelectual e industrial de ERREGUETÉ, ou no seu caso, de terceiras persoas e non poden ser utilizados sen a autorización escrita de ERREGUETÉ. A subscrición a esta publicación autoriza o uso exclusivo e persoal da mesma por parte do subscritor.

En ningún caso se entenderá que o acceso e navegación do usuario implica a renuncia, transmisión, licencia o cesión total ou parcial de ditos dereitos por parte de ERREGUETÉ. Por conseguinte, non está permitido suprimir, eludir ou manipular o aviso de dereitos de autor (“copyright”) e calquera mecanismo de información e/ou de identificación que puidesen conterse nos contidos.

Así mesmo, está prohibido modificar, copiar, reutilizar, explotar, reproducir, comunicar publicamente, facer segundas ou posteriores publicacións, cargar ficheiros, enviar por correo, transmitir, usar, tratar ou distribuír de calquera forma a totalidade ou parte dos contidos incluídos en ERREGUETÉ para propósitos públicos ou comerciais, sen contar coa autorización expresa e por escrito de ERREGUETÉ ou, no se caso, do titular dos dereitos a quen corresponda.

O usuario acepta non utilizar o sitio web, o material impreso, nin o software o que acceda en virtude do presente contrato para ningún propósito ilegal.

ERREGUETÉ resérvase o dereito de restrinxir ou cancelar o acceso e anular a subscrición o servicio se, na súa opinión, o usuario utiliza o sitio web, material impreso ou software para infrinxir algunha lei, violar os dereitos de terceiros ou incumprir as presentes condicións de contratación.
ERREGUETÉ perseguirá o incumprimento das anteriores condicións como calquera utilización indebida dos contidos presentados na súa páxina web ou revista impresa, exercitando todas accións civís e penais que lle correspondan.

DECIMOSEGUNDA.-RESPONSABILIDADE DO USUARIO

O usuario contratante será responsable de todos os datos e manifestacións que inclúa no formulario que envía a ERREGUETÉ. Mediante o envío do formulario de contratación correspondente, o usuario acepta as condicións de rexistro e contratación aquí expostas e comprométese a respectar o uso e as prohibicións establecidas nas mesmas.

Así mesmo, ao enviar o formulario de contratación, o usuario comprométese ao pagamento correspondente polo servicio contratado. O usuario acepta que, os seus datos de pagamento permiten a facturación e/ou cobro por parte de ERREGUETÉ. De non ser atendido o pagamento o servizo contratado non lle será outorgado ou será cancelado se estivese activo.

DECIMOTERCEIRA.- EXONERACIÓN DE RESPONSABILIDADE

ERREGUETÉ non pode garantir que a transmisión electrónica de datos estea libre de erros, nin que os datos non sexan interceptados, cambiados, perdidos ou destruídos ou que cheguen tarde ou incompleto ou prexudicados ou que sexa segura a súa utilización.

ERREGUETÉ non será responsable ante a usuaria baixo ningunha circunstancia, respecto a calquera erro ou omisión derivada da relacionada con algún feito alleo ao seu control razoable, incluídos, sen limitación: fallos na rede ou comunicación; transmisión de virus informáticos; actos ou omisións dos nosos provedores; erros, omisións ou irregularidades nos contidos producidos durante a transmisión electrónica.

Non obstante, ERREGUETÉ declara que adoptou todas as medidas necesarias, dentro das súas posibilidades e do estado da tecnoloxía, para garantir o funcionamento do sitio web e evitar a existencia e transmisión de virus e demais compoñentes daniños para os usuarios. ERREGUETÉ non será responsable ante o usuario de casos fortuítos ou de forza maior.

DECIMOCUARTA.- RESOLUCIÓN DO CONTRATO

O usuario contratante renuncia, mediante a aceptación destas condicións, a calquera dereito de resolución do contrato que lle fora outorgado pola lexislación vixente despois de ter acceso ou iniciarse no servizo solicitado.

ERREGUETÉ resérvase o dereito a retirar de forma inmediata o acceso ou envío do servizo contratado a aqueles clientes que, a criterio de ERREGUETÉ, contraveñan o disposto nas presentes condicións sen posibilidade de reembolso no caso de que pago se levara a cabo con anterioridade.

Concretamente ERREGUETÉ poderá anular a contratación:

  1. Cando o acceso ó servicio fose utilizado con fins ilexítimos.
  2. Cando os datos de cobro proporcionados na contratación, sexan erróneos ou imposibiliten a facturación e/ou cobro da subscrición contratada.
  3. No caso de usos fraudulentos ou contrarios a boa fe dos contidos, materiais ou software que aparecen no sitio web ou na revista impresa.

DÉCIMOQUINTA.- DEREITO DE CANCELACIÓN

O usuario poderá proceder a cancelar unilateralmente a subscrición contratada en calquera momento durante a vixencia da mesma, para elo deberá notificalo o departamento de subscricións de ERREGUETÉ, a través do correo electrónico [email protected] ou accedendo á intranet persoal do usuario na Plataforma web de Subscrición e cancelando a mesma. A cancelación da subscrición a ERREGUETÉ non suporá, en ningún caso, o reembolso dos importes que o usuario tivese aboado como contraprestación da subscrición. Ditos importes teñen carácter non reembolsable. Conforme a normativa vixente a natureza do produto obxecto deste contrato non permite ao usuario exercitar o seu dereito de desestimento logo de contratado o produto.

DECIMOSEXTA.- PROTECCIÓN DE DATOS

Infórmase á usuaria da existencia dun ficheiro automatizado cos datos que se reciban nos distintos formularios da páxina. Os datos recollidos son estritamente necesarios para poder formalizar o presente contrato, iniciar a relación comercial ou cumprir coas obrigacións contables e fiscais, polo que o seu cumprimento é obrigatorio.

Será necesario encher todos os campos salvo que se estableza o contrario. No caso de non cumprimentar todos os campos, ERREGUETÉ non prestará os servicios do presente contrato.

A información facilitada polo usuario será utilizada por ERREGUETÉ, exclusivamente, para as seguintes finalidades:

  1. Realizar o proceso de contabilidade.
  2. Cumprir coas obrigacións fiscais vixentes.
  3. Envío periódico da información sobre a nosa empresa, os nosos produtos ou servizos, incluíndo as novidades que se vaian producindo ao respecto dos mesmos. O arquivo informatizado de datos é responsabilidade do titular do sitio web ou calquera entidade que se subrogue para levar a cabo o subministro e xestión dos produtos e servizos que se ofrecen na web.

En cumprimento do establecido na Lei Orgánica de 15/1999, de 13 de decembro, de Protección de Datos de Carácter Persoal e Lei 34/2002 de Servizos da Sociedade da Información e de Comercio Electrónico, expresamente advírtese que o envío dos formularios implicará o consentimento expreso do usuario para:

  1. O tratamento automatizado dos datos facilitados para as finalidades expostas.
  2. Recibir comunicacións comerciais mediante correo electrónico das ofertas, promocións e novos produtos de ERREGUETÉ. No obstante, se a usuaria non desexa continuar recibindo comunicacións comerciais pode indicalo mediante comunicación remitida o seguinte enderezo electrónico [email protected].

Do mesmo xeito infórmase ao usuario do seu dereito de acceso, rectificación, cancelación ou no seu caso oposición de acordo co establecido na Lei Orgánica 15/1999 de 13 de decembro de Protección de Datos de Carácter Persoal e demais normativa aplicable a tal efecto, os cales poderá exercitar mediante comunicación remitida o seguinte enderezo: [email protected]

DECIMOSÉTIMA.- DOCUMENTO CONTRACTUAL

O documento de contrato entre o usuario e ERREGUETÉ, está composto polas presentes condicións de contratación, o formulario enviado pola usuaria cos datos persoais e de pago, os datos localizados no sitio web que completan o presente documento, prevalecendo fronte a calquera outro acordo verbal ou escrito previo ou simultáneo.

DECIMOITAVA.- NULIDADE E INEFICACIA DAS CLÁUSULAS

No caso de que calquera das cláusulas incluídas nestas condicións xerais fose declarada total o parcialmente nula ou ineficaz, tal nulidade afectará tan só a dita disposición ou parte da mesma que resulte nula ou ineficaz, subsistindo en todo o demais o resto das condicións xerais.

DECIMONOVENA.- LEI APLICABLE E XURISDICIÓN

O presente contrato será interpretado conforme a lexislación española vixente. ERREGUETÉ,  mediante a Asociación Entre Bambalinas, e a usuaria comprométense a intentar resolver de maneira amistosa calquera desacordo que puidera xurdir no desenrolo do presente contrato, previamente a acudir a xurisdición contemplada.

Envío por correo electrónico a: [email protected]